Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2023

Tamén se desenvolverá por segunda vez na Coruña unha cita do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series de Javier Gómez Noya para a promoción das categorías inferiores

A Coruña acollerá o Campionato de España de Tríatlon de distancia olímpica e a Copa do Mundo de Paratríatlon

As competicións terán lugar na Coruña os próximos 1 e 2 de xullo coa meta da competición na emblemática praza de María Pita

A Coruña acollerá tres destacadas competicións nacionais e internacionais de tríatlon convocadas os próximos 1 e 2 de xullo: o Campionato de España de Tríatlon en distancia olímpica, a Copa do Mundo de Paratríatlon e a quinta cita do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series de Javier Gómez Noya, dedicado ás categorías inferiores e que recalará por segunda vez na cidade.

O programa de competicións comezará o sábado 1 de xullo coas probas de Pho3nix Kids Triathlon Series de Javier Gómez Noya, con saídas pre-benxamín, e benxamín ás 11.00 horas, alevín ás 11.30 horas e infantil e cadete ás 12.00 horas e distancias adaptadas ás categorías. As e os paratriatletas participantes na Copa do Mundo de Paratríatlon tomarán a saída o sábado 1 de xullo a partir das 15.00 horas, e a cerimonia de entrega de premios para todas as categorías está prevista na zona de meta en María Pita ás 18.30 horas. 

O Campionato de España de Tríatlon de distancia olímpica de categoría Elite completará a primeira xornada de competicións FETRI na Coruña 2023, con saída feminina ás 18.15 horas e masculina ás 20.20. O domingo 2 de xullo a partir das 08.30  disputarase o nacional de Tríatlon Grupos de Idade e durante a mañá as carreiras polas medallas nacionais das categorías xuvenil, con saída feminina ás 11.45  e masculina ás 12.30; e júnior, ás 13.15  a saída feminina, e ás 14.00 horas a masculina. O circuíto de natación desenvolverase no espazo entre o porto e o castelo de San Antón e o circuíto de ciclismo e a carreira a pé polo paseo marítimo coruñés, rematando na praza de María Pita. As incricións xa están abertas e poden realizarse na páxina web da Federación Española de Triatlón https://triatlon.org.

Os campionatos de triatlón enmárcanse dentro do pulo que o Goberno de Inés Rey está a dar á celebración de competicións de ámbito nacional e internacional na cidade, como o campionato do marcha celebrado a pasada fin de semana e que trouxo á cidade aos mellores deportistas a nivel mundial da disciplina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión