Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

6 de novembro de 2023

A Coruña promociónase estes días como destino internacional na World Travel Market de Londres

A oferta gastronómica, as Festas de María Pita ou diversos eventos culturais son algúns dos ingredientes para situar A Coruña entre as cidades máis visitadas o próximo ano

A gastronomía, a cultura ou a moda da Coruña promociónanse durante estes días na World Travel Market de Londres. O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, conta cunha caseta propia dentro do espazo de Turespaña e durante hoxe e mañá, martes, presentará A Coruña como un destino internacional na considerada como a segunda feira de Turismo máis importante a nivel mundial.

Durante a xornada inaugural o mostrador coruñés recibiu numerosas visitas de profesionais do sector ademais da do Ministro de Turismo, Héctor Gómez, a Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Trasfogueiro ou o director xeral de Turespaña, Miguel Ángel Sanz.

A importancia de ser e estar

A World Travel Market de Londres reúne cada ano a todo tipo de destinos, operadores de turismo, hoteis, prensa especializada ou liñas aéreas e de servizo de viaxes.

Un encontro no que concellos, países e diversas entidades que queren destacar no mundo do turismo necesitan estar para mostrarse ao mundo como un lugar idóneo para visitar. Neste caso, o encargado de reunirse con operadores británicos para promocionar A Coruña como destino internacional para o próximo ano é o xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Moisés Jorge Naranjo.

A gastronomía da cidade, as Festas de María Pita, festivais como o Noroeste Estrella Galicia ou o Morriña Fest, a programación do Coliseum, a Tempada Lírica, o Museo MEGA Estrella Galicia ou os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia son algúns dos ingredientes utilizados para lograr a receita perfecta que continuará situando A Coruña como unha das cidades favoritas dos viaxeiros e viaxeiras para visitar no 2024.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en