Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amoriños – Touriñán e Perdomo

Despois dunha primeira xira reunindo a miles de persoas polos teatros de toda Galicia, Perdomo e Touriñan volven coa súa parella máis perigosa: o amor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/06/2026 ata o 07/06/2026

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 20,50 €

Palco: 18,50 €

Principal: 15,50 €

1ª fila de principal (visibilidade reducida): 13,50 €

* Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, personals desempregadas

* Desconto do 25% para familia numerosa

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Organiza:

Ainé Producións SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse ... pero xúntanse. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión