Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bolsas Norteamérica 2025-2026: prazo de presentación de alegacións ás listas provisionais

Tras a publicación das listas provisionais de solicitudes admitidas, solicitudes en situación de espera e das solicitudes excluídas, ábrese o prazo de presentación de alegacións do 19 de febreiro ao 5 de marzo (ambos os días incluídos).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/02/2025 ata o 05/03/2025

Xa rematou

O Concello da coruña publicou, o día 18 de febreiro de 2025, as listaxes provisionais de solicitudes admitidas, solicitudes en situación de espera e solicitudes excluídas correspondentes ao programa Bolsas Norteamérica 2025-2026.

Iníciase así un prazo de 10 días hábiles (do 19 de febreiro ao 5 de marzo, ambos os incluídos), para a presentación de posibles alegacións ás listaxes. As posibles alegacións deberán presentarse en todo caso nos rexistros municipais, no rexistro electrónico (a través da sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/rexistro-electronico), ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Documentos relacionados

  • Bolsas Norteamérica 2025-2026: Proposta de resolución provisional (18/02/2025) (728 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en