Presentación homenaxe a Lino Braxe, organizada pola Fundación Tierra de hombres
Para público en xeral, Persoas adultas, Xuvenil
18/06/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
O mércores 18 de xunio, ás 19.00 horas, na Biblioteca Municipal Durán Loriga , contaremos cunha homenaxe a Lino Braxe, da man da Fundación Tierra de Hombres, presentando a súa obra Sidi, unha viaxe cara á vida, editada por Hércules Ediciones.
Na charla-coloquio faráse un pequeno percorrido pola vida e obra de Lino Braxe, colaborador da Fundación dende os seus inicios.
O acceso é libre ata completar capacidade.
_______________________
Sidi, unha viaxe cara a vida. Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi -rapaz espelido e soñador- emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.
Entidades
Tamén che pode interesar