De Juan Rodríguez e Laura Sarasola *Espectáculo sobre a memoria histórica **Obradoiro creación de mantas de botóns ás 12,00 h na Sala Xan López Eirís do Rosalía
Para público en xeral
27/12/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Os irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercería A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai. A mercería xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. Nela destacaban os seus escaparates, abarrotados de medias, mantillas ou mantóns. Pasados os anos, os Seoane tomaron o relevo da mercería e convertéronse rapidamente nun dos máis queridos entre a clientela da céntrica rúa de San Andrés. Os irmáns parecían saídos dunha película de Jean Pierre Jeunet. Cando pedías un botón, unha cremalleira ou un par de calcetíns, desaparecían na trastenda; ao pouco, aparecían cunha torre de caixas amarradas por unhas longas gomas elásticas, e cun ritmo doutro tempo, dispoñíanse a ofrecer a súa ampla variedade de material. Ir á Crisálida significaba entrar noutra realidade, era "unha mercería con atmosfera de museo ou gabinete de curiosidades", como a definiu Luis Pousa no seu relicario de rúas de Atlantic City. No 2016, por obras de rehabilitación do edificio onde se situaba o comercio, A Crisálida tivo que trasladarse a un baixo próximo da mesma rúa.
Con Laura Sarasola Pontón, Josito Porto, Juan Rodríguez, Beatriz Deus Bouzas
Dirección: Olga Margallo
Produción de Caramuxo Teatro
*Venda de entradas soltas a partor do 5 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h