Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Ciclo Principal: Dysphoria

De María Goiricelaya

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/11/2025 ata o 15/11/2025

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

DYSPHORIA é un monólogo arriscado e cheo de teatralidade que pon o foco na recente lei trans, na fraude de xénero e na loita da sociedade pola non vulneración ética desta norma. É un traballo que nos reta a cuestionar os nosos paradigmas; un detonador que nos obriga a pensar en como opera a xustiza nun mundo construído para que os dereitos e liberdades non sexan iguais para todes. Ela está en shock. A súa filla de quince anos acaba de confesarlle que non é unha moza; senón que é un mozo. Xa non será máis Alejandra, será quen realmente é: Alex. A terapia, os grupos de sensibilización, nada é suficiente para aceptar o feito de que a súa filla xa non será máis a súa filla e a negación, a resistencia e a frustración ábrense paso desde a dor que provoca o cambio. Con todo, todo xira cando a policía chega a casa acusando a Alex de agresión sexual. Este feito inesperado empuxa á nosa protagonista a emprender unha frenética carreira para tentar comprender ao seu fillo e protexerlle fronte a todo aquilo que o quere illar, destruílo e roubarlle a súa identidade e os seus dereitos como ser humano. 

Con Gema Matarranz

Dirección: María Goiricelaya

Produción de Histrión teatro

Programación especial no mes da loita contra a violencia machista

Venda de entradas soltas desde o 5 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en