De Gerard Vázquez *Espectáculo con aforo reducido **Non accesible para persoas con movilidade reducida
Para público en xeral
18/10/2025
18.30 e 20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Un actor prepara o monólogo que representará ante os espectadores de aquí a poucos días. Escribiuno el mesmo a partir do que a súa familia, nacida no mesmo pobo do personaxe que interpreta ("o enterrador"), lle explicou durante anos sobre el e sobre o seu avó. Hoxe acudiu ao teatro para ensaiar só, horas antes do ensaio previsto, e facer un pase da obra. O personaxe que interpreta ha de enterrar, como cada día, aos fusilados que levaron ao cemiterio. Entre os cadáveres daquel día recoñece a un amigo, tamén veciño do pobo, que el cría morto na fronte. Desfógase con el explicándolle a súa situación e o que está a facer, poñendo en risco a súa vida, para axudar aos familiares dos fusilados a localizar o lugar onde os enterrou e poder identificalos cando se dea a ocasión. O ensaio interrómpese diversas veces: chamadas telefónicas do director da montaxe e chamadas á súa nai, a cal, por mor da actual deterioración da súa memoria, sosterá algúns detalles diferentes respecto a os que el cría saber sobre o seu avó e o amigo morto do enterrador. Versión que lle fará dubidar de cal é realmente a verdade sobre eles
Con Pepe Zapata
Dirección: Gerard Vázquez
Teatro de dos en coprodución con Mediterránea
Venda de entradas soltas desde o 5 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h