Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Ciclo Principal: Hoy no estrenamos

Una comedia escrita por Imprebís

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Unha invitación para descubrir o Teatro a través da mirada de 12 persoas correntes, interpretadas maxistralmente e a velocidade de vertixe por só 2 actores: Carles Castillo e Carles Montoliu. Sen artificios, só cambiando un obxecto en escena, convídannos a unha viaxe que transita comedia, romance e emoción para mergullarnos en historias cotiás moi reais.

Completan a repartición, a experiencia de Santiago Sánchez e a mocidade do músico e actor Víctor Lucas que, encarnando un personaxe de xénero non binario, móstranos como o teatro pode cambiar a vida das persoas e a importancia da aprendizaxe a través da diversidade e a inclusión.

Con Carles Castillo, Carles Montoliu, Santiago Sánchez, Víctor Lucas

Codirección: Michel López e Santiago Sánchez

Produción  de L'Om Imprebís

Venda de entradas soltas desde o 5 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en