De Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral. Adaptación de Ignacio del Moral e Javier Hernández- Simón.
Para público en xeral
Dende o 12/12/2025 ata o 13/12/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Los lunes al sol móstranos de maneira realista e conmovedora as loitas diarias, a frustración e a desesperanza que nos atopamos ao tentar atopar traballo nun mercado laboral competitivo e en constante cambio. Como a falta de oportunidades e a presión social afectan as relacións persoais, a autoestima e a esperanza dun futuro mellor. Los lunes al sol é unha poderosa reflexión sobre como as circunstancias económicas poden moldear a identidade e as relacións humanas. A través da súa narrativa sincera, exponnos preguntas sobre a xustiza social e o sistema laboral contemporáneo, convidándonos a reflexionar sobre as desigualdades na nosa sociedade.
Repartimento (por orden de intervención):
Mónica Asensio, Marcial Álvarez, José Luis Torrijo, Fernando Cayo, Fermi Herrero, Fernando Huesca, César Sánchez, Lidia Navarro
Voz en off: Pepa Pedroche
Dirección: Javier Hernández-Simón
Produción de GG Producción Escénica e Teatro del Nómada coa participación de: AJ Claqué, Mardo, Saga Producciones, Juan Carlos Castro e María Díaz Comunicación.
Venda de entradas soltas desde o 5 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h