De Pedro Víllora
Para público en xeral
Dende o 07/11/2025 ata o 08/11/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
María Callas é, incluso hoxe, a cantante máis famosa do mundo. Sobre ela escribíronse infinidade de artigos e libros e realizáronse películas e documentais, e aínda así segue apaixonando o seu misterio. O foi todo na arte e perdeuno por amor e desamor. A paixón foi o seu motor: paixón pola arte, paixón polo amor.
"María Callas, Sfogato" é un espectáculo íntimo que nos mostra a unha muller vulnerable, acosada pola prensa e os admiradores, pero tamén a unha artista maiúscula, sen límites e invencible, como é propio dunha soprano sfogato.
Coa única compañía de Bruna, a súa ama de chaves e quizá a persoa que máis preto estivo da súa intimidade, María desvélanos parte dos seus segredos, os que a encheron de vida e os que a levaron a unha morte tráxica á curta idade de 53 anos.
Pedro VÍLLORA
Con Mabel Del Pozo, Anabel Maurin, Eva Marco
Natasha Belenova: Piano
Director de escena: Alberto Frías
Venda de entradas soltas desde o 5 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h