Un billete falso será o detonante para que a vida do protagonista caia nunha espiral de inxustizas e degradación.
Para público en xeral
20/07/2023
Xa rematou
22.30 h
Pídese puntualidade, unha vez comezada a película non se permitirá o acceso á sala.
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
forummetropolitano@coruna.gal
O mestre Bresson despídese cunha das obras maiores da súa excepcional carreira. Baseada nun relato de Leon Tolstoi, a película é un destilado do seu estilo onde nada falta e nada sobra. Radiografía implacable dunha sociedade apodrecida (a nosa).
Titulo orixinal: L'argent; Ano: 1983; Duración: 84 min.; País: Francia; Dirección e guión: Robert Bresson; Música: Johann Sebstian Bach; Elenco: Christian Patey, Sylvie van der Elsen, Beatrice Tabourin, Vincent Risterucci.
Convidado: SANTOS DÍAZ (cineasta)
Perfil biográfico: cineasta. As súas curtametraxes "A liña política", "Os prexuízos da auga" e "Din que non falan" competiron en festivais internacionais como Locarno ou Zinebi. Actualmente está a desenvolver a súa primeira longametraxe.
VENDA DE ENTRADAS