Neste curso 2025-2026 comeza o club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales, dirixido tanto á mocidade, como ás familias e persoas adultas.
Mocidade
Familias
Persoas adultas
Persoas adultas, Xuvenil, Familias
17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición
Das 10.30 ás 13.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
16
981 184 389
As xornadas de xogo libre na Biblioteca Os Rosales pasan a ser un "Club de xogos de mesa", mediado por dúas persoas voluntarias, nas que compartir as ganas de xogar en comunidade: descubrindo, afondando e participando das diferentes propostas que se presentarán en cada sesión.
Na actividade, con inscrición previa, as persoas participantes poderán coñecer unha selección de xogos de mesa da Biblioteca e xogar con eles. Haberá 4 mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 persoas presentando e explicando como xogar.
Anímate a participar da comunidade de xogos de mesa no Barrio dos Rosales. Esperámoste!
Tamén che pode interesar