Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débense indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir, tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
En 2024 La Raíz anunciou o esperado reencontro que as súas lexións de fans levan esperando máis de seis anos. Unha xira que percorrerá toda a xeografía española durante o 2025 e que confirmou parada na Coruña acompañada de artistas galegas de primeiro nivel. Será unha noite para o recordo.
No musical La Raíz fusiona rock, rap e ritmos latinos ou xamaicanos. Os seus compoñentes son catro cantantes, ventos, guitarras, baixo, batería e un Dj. En total once músicos cargan o escenario dunha presenza potente e festiva. Unha enerxía moi forte en directo e unha lírica cargada de contido social, un canto desenfadado ao amor e á revolta. Unha esperanza de transformación dende a positividade.