Contos para cativas e cativos
Familias, Infancia
25/03/2025
Xa rematou
Dende o 21/03/2025 ata o 25/03/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Contos de igualdade (para non perder) é un espectáculo de narración oral para crianzas no que prevalecen os contos de mulleres activas, fortes e intelixentes que non quedan paradas esperando que alguén as salve. Con estes contos lembramos o conseguido e o que aínda nos queda por conseguir no camiño da igualdade. E así non perdemos ningunha posibilidade de avanzar e soñar cun mundo onde as oportunidades non se miden por cuestións de xénero.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.