Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram.
Para público en xeral
Os días 08/12/2023, 09/12/2023
Xa rematou
08 de decembro ás 20.30 h
09 de decembro ás 20.00 h
Platea: 18,00 €
Palco: 15,00 €
Principal: 12,00 €
Descontos: desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25% para familia numerosa.
*Para que se apliquen os descontos debe presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Ainé Producións SL
teatrocolon@coruna.gal
Aquelas noites improvisaban diferentes personaxes e interactuaban co público espectador que se conectaba a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de "Corentena" dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En "Corentena" os dous cómicos rescatan algún dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de modo artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades