NIK·EU é a última produción do proxecto iXa, unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes, de 50 minutos de duración.
Para público en xeral
16/05/2026
20.30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE
Actuar con responsabilidade.
agora@coruna.gal
A obra, dirixida por Xián Martínez, segue a filosofía da compañía iXa de desenvolver pezas centradas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas e busca conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.
A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, para o que aposta por cuestións sociais desde perspectivas de xénero e, máis especificamente, con contido LGTBIQA+. A peza foi coproducida polo Goberno de Navarra a través da Fundación Baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía.