Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos 2025 Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

O sábado 26 de abril celebraremos o Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos. Teremos xornada de portas abertas no Museo de San Antón, un xogo de pistas infantil e visitas guiadas ao Museo e ao Castro de Elviña.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

26/04/2025

Xa rematou

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

1. Xogo de pistas: os recunchos do Castelo

Percorrido dinámico polo Castelo no que descubriremos os espazos e elementos arquitectónicos máis peculiares deste monumento. A través dun xogo de pistas e da resolución grupal de diferentes quebracabezas, a cativada resolverá os enigmas propostos. Para finalizar deixaremos voar a imaxinación para debuxar o noso propio Castelo e interpretar unha torre de vixilancia.

Sábado 26 ás 11.45 h

Duración aproximada: 1 h e 30 m

Público: 6 - 12 anos

Prazas: 20

Reserva previa na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamonumentos-2025/

Apertura de prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h

2. Visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Sábado 26 ás 12.00 e 17.00 h

Duración aproximada: 1 h e 15 m

Público: adulto

Prazas: 25 cada sesión

Reserva previa no teléfono do Museo: 981 189 850

Apertura de prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h

3. Visita guiada ao Castro de Elviña

Domingo 27 ás 12.00 h

Duración aproximada: 1 h e 30 m

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva previa no teléfono do Museo: 981 189 850

Apertura do prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en