Tributo a MANÁ na Coruña, por +dMANÁ
Para público en xeral
23/01/2026
20.00 h
Platea: 38,00 €
Palcos: 35,00 €
Principal: 32,00 €
1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 30,00 €
*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familia numerosa
(Para que se apliquen os descontos é necesario presentar a documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro)
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Catuti Produccións SL
+dMANÁ, a veterana banda tributo recoñecida por Maná en Europa, regresa aos escenarios tras o éxito de "Energía "Positiva Tour" para presentar a súa nova produción: "¿Dónde jugarán los niños?"
O novo show, que colle o nome do mítico disco de Maná, propón unha viaxe no tempo para revivir os grandes himnos dos reis de rock latino navegando entre o amor, o desamor, a preocupación polo medio ambiente e a enerxía positiva característica de Fher Olvera e a súa banda.
A banda tributo, que namorou os mismísimos Maná cos seus directos, é a única a nivel europeo que contou coa colaboración estelar de músicos orixinais da banda mexicana, como Sergio Vallín (guitarrista de Maná) e Héctor Quintana (percusionista e 2.ª voz de Maná), dando boa fe da gran posta en escena de +dMANÁ.
En palabras de Sergio Vallín, tras tocar con +dMANÁ: "Vostedes fan un show realmente fantástico. Por primeira vez, vin un concerto de Maná dende fóra do escenario. Foi un pracer tocar cunha banda con esta vibra tan especial"."Se te emocionas con cancións como Vivir sin aire, Corazón espinado, Clavado en un bar ou Rayando el Sol, non perdas o espectáculo que avalaron todos os clubs de fans de Maná en España e Italia.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades