A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental Mamá, futbolista quero ser. Irene G. Basanta, a primeira futbolista profesional.
Irene González Basanta está considerada a primeira muller que cobrou por xogar ao fútbol en todo o Estado español. A súa historia transcorre na cidade da Coruña na década de 1920 con momentos ben salientables como a exposición da súa foto na rúa Real ou a fundación do seu propio club, o Irene CF, co que percorrerá Galicia. Nós Televisión recolle a súa historia nun documental no que tamén se aborda ese vínculo de vangarda entre a cidade da Coruña, as mulleres e o balompé. A peza audiovisual reúne voces como a do sobriño-neto da propia Irene, Fernando del Moral Regaldie; a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña e coordinadora da obra Pioneiras do deporte en Galicia, Cristina López Villar; os biógrafos de Irene González a través da obra Irene e as portas do fútbol, José Luis Cudeiro e Rubén Ventureira; a directora do portal web As Nosas, Silvia Carregal; a ex xogadora do Karbo e adestradora do Victoria-Teixeiro, Pilar Neira e o historiador e articulista, Xosé Alfeirán.
Mamá, futbolista quero ser conta coa aparición especial das integrantes do Victoria C.F. nas categorías de alevín, infantil, cadete, feminino A e B xunto coa adestradora Isabel Vázquez