Concello da Coruña

Concello da Coruña

"El Cid, la leyenda", de Josep Pozo

Cinema de animación para público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/01/2026

Horario:

17.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 2,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Animación

España 2003

90 minutos - VO

Apta para todos os públicos

HORARIO: 17.30 h

Rodrigo, fillo dun nobre castelán, combina a educación na Corte xunto ao seu mellor amigo Sancho e primoxénito do rei, coas furtivas visitas á súa amada Gimena. Con todo, tras a morte do rei Fernando, Rodrigo vese envolto en conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Alfonso. Afastado do seu fogar e nun esforzo por reclamar o perdón do rei seu e recuperar o amor de Gimena, Rodrigo descobre os profundos valores universais da amizade e a honra.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión