**Última función nun teatro do multipremiado espectáculo Elisa e Marcela da compañía teatral A Panadaría, na mesma cidade onde elas casaron. Este espectáculo é, en palabras da crítica: “Un canto ao amor valente e, ao tempo, unha homenaxe e unha reivindicación”.
Para público en xeral
01/07/2023
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas d'A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Coprodución d'A Panadaría co Centro Dramático Galego, Concello e Deputación da Coruña, Concello de Vimianzo e Concello de Rianxo.
Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018, e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista (Areta Bolado) nos mesmos premios.
Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade
XIV Premio LGBT Marcela e Elisa entregado polo Colectivo ALAS A Coruña
Premio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018
Premio ex aequo a Mellor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no Fetega 2018
Premio Las Horas do FCG de Extremadura 2019
Premio Begoña Caamaño de Cultura pola Igualdade 2020
Premio Pluma da FELGBT 2021
Con: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Autoras: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde
Dirección: Gena Baamonde
Venta de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Unha vez que empece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.