Encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Para familias en compañía dos seus fillos ou das súas fillas de entre 7 e 12 anos
Infantil, Familias
26/03/2025
Xa rematou
Dende o 19/03/2025 ata o 26/02/2025
das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
8
Tel.: 981 184 389
Estudar pode resultar difícil porque as relacións tamén son difíciles. Unha das maiores necesidades destas etapas é sentirse querido e integrado nun grupo de iguais.
Acosar, sufrir ou observar son diferentes caras dunha mesma problemática: o acoso escolar.
Sensibilizar para romper o silencio e transmitir a mensaxe:
- Acosador, causas dor porque o levas dentro.
- Acosado, vales moito máis do que che fan crer.
- Observador, informar non é ser "chivato".
Contaremos con Mar Sánchez, psicóloga e coach de Neuromotiva especialista en comunicación e xestión emocional.