Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escándalo en palacio

Canto hai que non te emocionas de verdade?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/01/2024 ata o 14/01/2024

Xa rematou

Horario:

día 13: 20.30 h

día 14: 19.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

24,00 / 22,00 / 20,00 / 18,00 € segundo a zona

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 10,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Organiza:

Estudo do Momento SC

Escándalo en palacio é unha alta comedia ao estilo Old Hollywood con xeniais toques de humor intelixente. Bernard Mathieu, presidente de goberno de Escandalonia, recibe unha comprometida noticia: un vídeo privado do primeiro encontro sexual coa súa actual esposa e primeira dama, Paola D'Angio, salta á luz. O vídeo data de 4 anos atrás, cando Bernard aínda estaba casado coa súa primeira muller. Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares, as novas estrelas da comedia, brillan neste texto provocador do xenial Pedro Ruiz. Unha alta comedia que fará as delicias do espectador, pasando do surrealismo máis cómico á elegancia máis clásica.

Dirección: Iria Ares e Xoán C. Mejuto

Actores: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares

Idea orixinal e dramaturxia: Pedro Ruiz

Espectáculo non recomendado para menores de 13 anos

Xénero: alta comedia

Duración: 90 minutos

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da pza. de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión