Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Forumáxico 2023: MAXIA, MISTERIOS E OUTRAS HISTORIAS

Oscar Fernández Mago (Magia en la Manga).

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

30/09/2023

Xa rematou

Horario:

19:00 h 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO 3 FAMILIAR (de venda só nos despachos de billetes): 15,00 €.

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Requisitos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.

- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Da man do ilusionista Óscar Fernández será posible entrar nese mundo onde a maxia e o humor non deixarán indiferente a ninguén. Números clásicos reinventados para chegar a novos imposibles e sensacións únicas para toda a familia.

O misterio non entende de idades, e tanto crianzas como persoas adultas vivirán por igual o misterio da maxia e descubrirán que pode ser máis real do que pensamos.

Óscar preséntase como un mago moderno e pillabán, que busca impacto máxico por encima de todo. O seu estilo ao facer maxia pódese describir como vangardista, pero cunha marcada influencia dos grandes mestres da maxia, clásicos e modernos.

VENDA DE BILLETES:  

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en