Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Gala de entrega de premios da XXXIV Mostra de Teatro Escolar

A XXXIV edición da Mostra de Teatro Escolar finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.

A "Mostra de Teatro Escolar", programa educativo que busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello, pon fin á súa XXXIV edición cunha gala final que se realizará o venres 6 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.

Nesta gala representaranse as obras dos grupos gañadores de cada categoría, nunha celebración da creatividade, o talento e o traballo colaborativo do alumnado coruñés.

O xurado, composto polos actores e directores teatrais, Ramiro Neira e José Leis, e pola técnica de Educación, Ana Judel, resolveu entregar os premios de cada categoría (infantil, primaria e secundaria) ás seguintes obras:

  • Educación Infantil: ex-aequo ás obras "How I became a pirate", do CPR Obradoiro e "Hércules", da EIM Luis Seoane
  • Educación primaria: "Felipe tiene gripe", do CEIP Sal Lence
  • Educación secundaria: "Ulises", do IES Agra del Orzán

Ademais, o xurado resolveu entregarlles as seguintes mencións especiais (sen dotación económica) ás seguintes obras:

  • Mellor creación escénica en inglés: "The hotel for bugs", do CEIP Víctor López Seoane
  • Mellor vestiario: "Lingua de lata", do CEIP Víctor López Seoane
  • Mellor texto orixinal de creación colectiva: "Fuga en el insti", do CPR Fogar de Santa Margarida
  • Mellor interpretación musical: "Ciclón", do CPR Santo Domingo
  • Mellor espazo escénico: "Revoltamente", do CPR Santo Domingo

Os criterios de valoración tiveron en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía e iluminación, o vestiario e maquillaxe, e a corrección e fluidez lingüística.

Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. No caso da categoría de Infantil, ao outorgárselles o premio ex-aequo a dous grupos participantes, o premio será dun cheque de 50 € para cada grupo gañador.

As mencións non terán premio económico.

Programa da gala

17.15 h: Apertura de portas ao público

17.30 h: Comezo da gala e entrega das mencións

  • Mención ao mellor espazo escénico: CPR Santo Domingo
  • Mención ao mellor vestiario: CEIP Víctor López Seoane
  • Mención ao mellor texto orixinal de creación colectiva: CPR Fogar de Santa Margarida
  • Mención á mellor interpretación musical: CPR Santo Domingo
  • Mención á mellor creación escénica en inglés: CEIP Víctor López Seoane

17.45 h: Representación dos grupos de infantil da EIM Luís Seoane e CPR Obradoiro e entrega de diplomas

18.30 h: Apertura de portas ao público

18.35 h: Representación do grupo de primaria do CEIP Sal Lence e entrega de diplomas

19.00 h: Apertura de portas ao público

19.05 h: Representación do grupo de secundaria do IES Agra do Orzán e entrega de diplomas

19.50 h: Peche da gala polo concelleiro de Educación, formación e investigación tecnolóxica Juan Ignacio Borrego Vázquez

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en