Entradas á venda desde o 19 de marzo de 2025 ás 12.00 h
Para público en xeral
04/04/2025
Xa rematou
17.00 h
(16.30 h apertura de portas)
10,00 €
Asociación Cultural Festival Intercentros
O XXIII Festival Intercentros 2025, actividade educativa, musical e solidaria da cidade, patrocinada polo Concello da Coruña, convida a participar na súa gala benéfica en favor de tres institucións: Abac, Selvas Amazónicas e Banco de Alimentos Rías Altas. Arredor de trinta institucións faranse presentes o venres 4 de abril, a partir das 17.00 h, no emblemático recinto do Coliseum, para mostrar como a solidariedade é o mellor sinal de identidade da nosa cidade. Tres estilos estarán presentes esa tarde: directo, canción e coreografías, todo dentro dunha produción audiovisual profesional. O traballo artístico, a creatividade e a ilusión do noso alumnado volverá, unha vez máis, sorprender a cidade. Tamén, durante toda a tarde recolleremos alimentos para Banco de Alimentos RA.
Queres colaborar? Asiste con toda a túa familia: "entrada + 1 quilo de alimentos". Contamos contigo!
VENDA DE ENTRADAS