Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Galicia Magic Fest

Polo Nadal sempre volve a maxia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 03/01/2024

Xa rematou

Horario:

Días 2 e 3 de xaneiro ás 18.00 e 20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 26,00 €

Palco: 22,00 €

Principal: 20,00 €

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 18.00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Organiza:

Illusions Works SL

O Festival Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest chega este ano á súa sétima edición.

Magos con premios internacionais e prestixio mundial vidos de diferentes países daranse cita nos teatros máis importantes de Galicia para deixar alucinado durante 90 minutos o público galego cos seus efectos de maxia e ilusionismo.

Unha proposta para público familiar que xa ten unha gran tradición polo seu atractivo máxico nunhas datas tan destacadas.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da pza. de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en