Concello da Coruña

Concello da Coruña

GOYO JIMÉNEZ presenta MISERY CLASS

Goyo Jiménez volve ao Teatro Colón co seu espectáculo MISERY CLASS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/10/2024 ata o 12/10/2024

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 26,00 €

Palco: 24,00 €

Principal: 22,00 €

1ª fileira de principal (visibilidade reducida): 20,00 €

*desconto do 20% para carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas

*desconto do 25% para familia numerosa

**Debe presentarse o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada (despacho de billetes) e de acceder ao Teatro Colón o día do espectáculo

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.goyojimenez.es/misery-class/

Organiza:

Etiqueta Negra Producciones SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Como poderiamos resumir un espectáculo como Misery Class? E o que resulta máis complicado... Como poderiamos facelo en menos de 350 palabras considerando, por unha banda, a ampla cantidade de asuntos e materias da actualidade aos que se pasa revista neste show e, por outro, a psicótica propensión a divagar de Goyo Jiménez?

Ben... Para comezar, poderiamos non utilizar o plural poderiamos, tendo en conta que está sinopse está a redactala unha única persoa. Ou sexa, eu. É dicir, Goyo Jiménez. Si, a mesma persoa da que acabas de dicir que ten "psicótica propensión a divagar" e que, por tanto, está a ler o que escribes, amigo. Pero, mira, quizá deses no cravo e sexa iso o que de verdade habería que resaltar á hora de resumir Misery Class. Poderiamos sinalar que este novo espectáculo de Goyo Jiménez xorde desde a súa visión do mundo como PERSOA e non como PERSONAXE. Porque si, amigas e amigos: Cegados polo inmenso artista e creador que todos gozamos ata a éxtase, cegados polo desbordante xenio da escena que celebramos con gozosas aclamacións, esquecémonos moitas veces que, no interior de Goyo Jiménez, ou sexa, no meu interior, habita unha PERSOA, é dicir, eu. Unha persoa sinxela, ademais. Que contempla o asombroso panorama dos nosos tempos co mesmo asombro e desconcerto que a maioría das OUTRAS PERSOAS, pero que ofrece enxeñosas e hilarantes solucións que nos axudarán a mirar ao futuro con optimismo. Unha persoa empática, que se pon na pel dos outros coa maior humildade, respectando e considerado a todos por igual, mesmo aos que son menos. Que virían ser a maior parte. Un dos nosos, imos. Alguén como calquera, como ti ou coma eu. Bo, como eu non. Que eu son distinto. Ou sexa, Goyo Jiménez, quero dicir. E é que sempre houbo clases, criatura.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión