Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Grandes do Gospel presenta CHIGAGO MASS CHOIR

Grandes do Gospel presenta CHICAGO MASS CHOIR "SWEET HOME CHICAGO"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/12/2025

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Os prezos oscilan entre os 20,00 e os 30,00 €, segundo a zona

Chicago Mass Choir, coñecidos en todo o mundo como os embaixadores do gospel, volve aos escenarios de Europa cun concerto que é unha homenaxe en clave de gospel á cidade de Chicago.

Alí, ao redor de Thomas A. Dorsey, Roberta Martín, Mahalia Jackson, The Caravans e as igrexas do South Side de Chicago, naceu e viviu a súa época de maior esplendor a música que se converteu na banda sonora do Nadal europeo.

Sweet Home Chicago, a nova produción de Grandes do Gospel, protagonizada por Chicago Mass Choir, pasa revista aos clásicos que nos anos 30, 40 e 50 do século XX crearon un xénero que desde os barrios negros dos Estados Unidos acabou movendo e conmovendo a públicos de todo o mundo.

Chicago Mass Choir, fundado en 1988 por James C. Chambers, emocionou a públicos de todo o mundo coa beleza das súas voces, a contaxiosa enerxía do seu ritmo e as súas conmovedoras cancións de esperanza.

Os discos de Chicago Mass Choir alcanzaron as listas de éxitos de gospel de Billboard polo menos en dezaseis ocasións.

Colaboraron cunha gran variedade de artistas en grandes producións: Bob Dylan en Gotta Serve Somebody, UmphRey´s Mc Gee, Onirama, Dr. Bobby Jones Show e nos musicais Three Mo Tenors e The Colored Purple.

Colabora anualmente co Festival de Gospel de Chicago e actúa con regularidade no French Quarter Festival de Nova Orleans, así como no Staple Center dos Ánxeles.

Fan xiras europeas regularmente desde 2003 por Suíza, Croacia, Italia, Grecia e Alemaña. En decembro de 2011, fixeron a súa primeira xira española e presentaron o programa "Singing Gospel Christmas" no 2013.

No 2023 presentaron "BB King Sings Spirituals", que se presentou na Coruña con grande éxito de crítica e público.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: a despachode billetes.com
  • Venda no despacho de billetes do palacio: unicamente a tarde do concerto
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos), en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en