
O Nadal agárdate na Coruña.
O Nadal sempre volve para lembrarnos o que importa: a ilusión, os encontros e a maxia de cada instante. Desde pequenos aprendemos a agardar con emoción cada momento. E, aínda que medremos, esa forma de esperar non desaparece. A ilusión tampouco. Segue aí, no desexo dun reencontro, nos plans especiais que só acontecen nestas datas ou nas tradicións que nos convidan a parar e gozar.
As luces xa están acesas, a cidade convídate a percorrer as súas rúas e tamén está preparado o seu mercado de Nadal para perderse entre sabores, artesanía e música. E a todo isto súmase unha completa axenda cultural para non desaproveitar nin un só día na cidade: concertos, exposicións, teatro, actividades familiares e moito máis.
Bótalle un ollo á nosa guía para non perder nada!