Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Idiomas do Mundo 2025: prazo de presentación de solicitudes
Coa publicación das bases do programa no BOP número 46 (10/03/2025), ábrese o prazo de presentación de solicitudes desde o 11 de marzo ata o 24 de marzo, ambos os días incluídos.
Tras a publicación das bases do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, o Concello abre o prazo de presentación de solicitudes durante os 10 días hábiles posteriores á data de publicación, é dicir, do 11 ao 24 de marzo, ambos os días incluídos.
Pasos para inscribirse no programa
As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:
Facer a inscrición en liña na web municipal de educación, a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de identificación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais. O nome da persoa que debe aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o do/a menor que solicita a bolsa.
IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que vén establecida nas bases.