2 de agosto de 2023
O ex xogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina emocionou coas súas palabras a unha praza de María Pita chea
O ex xogador do Deportivo e seleccionador da Arxentina, Lionel Scaloni, foi o encargado de dar o pregón destas Festas de María Pita 2023. Fíxoo acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que o presentou como "un coruñés da Arxentina que nos lembra que aquí, en branco e azul, somos campións do mundo".
Lionel Scaloni pronunciou un emotivo discurso no que lembrou os seus anos na cidade. "Vir á Coruña e xogar no Deportivo foi a mellor decisión da miña vida. Aquí recibíronme e tratáronme incrible", dixo Scaloni. A asistencia á praza de María Pita para escoitar o arxentino foi máxima e sen incidencias.
O Concello preparou un dispositivo especial para a lectura do pregón, que incluíu a instalación das pantallas xigantes na fachada do Palacio para seguir a intervención de Lionel Scaloni. A primeira xornada finalizou coa actuación do cantante británico de orixe libanesa Mika, que inaugurou co seu pop o escenario das Noites de María Pita .
Víctor Manuel, segunda actuación das Noites de María Pita
Tras unha intensa xornada inaugural, que contou tamén coa apertura ao público da Feira do Libro, mañá continúan as actuacións das Noites de María Pita. Será a quenda de Víctor Manuel. O histórico cantautor chega á cidade coa súa xira de 75 aniversario 'La vida en canciones. El escenario todo lo cura".
Programación Noites de María Pita
2 de agosto, 22.00 horas: Víctor Manuel
3 de agosto, 20.30 horas: Locos Coruña: Seguridad Social, Melón Diesel, Rafa Sánchez, Revólver. Artistas convidados: The Refrescos, Miguel Costas, Tennesse, Guaraná e La Poptelera
4 de agosto, 22.00 horas: Amaia Romero
5 de agosto, 22.00 horas: Vanesa Martín
6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka
7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia
8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys
13 de agosto, 22.00 horas: Os 40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Por el Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín "Mangüi" cos Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romeu, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía...