Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “El hijo de la roca y el fuego” de Jacinto Ruíz

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/04/2026

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 27 de abril ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "El hijo de la roca y el fuego" de Jacinto Ruíz.

Organizado pola Av. Oza, A Gaiteira e Os Castros.

Acceso libre ata completar capacidade.

SINOPSE:

A viaxe de Frog é a viaxe dunha humanidade que se descobre capaz de elixir o seu destino.Nun tempo no que os clans sobrevivían nun mundo de xeo, lume e memoria. Vivían seguindo rastros, palabras transmitidas xunto á fogueira e vínculos fráxiles que os unían á terra e entre si.Fog, nacido entre os Homes Antigos, emprende unha viaxe que o leva máis aló do coñecido. O seu encontro con Mila, unha muller sapiens, abre unha greta na orde establecida. Entre ambos xorde unha posibilidade nova, marcada pola mestura, a elección e o risco.O fillo da roca e o lume é un relato sobre o nacemento do humano, sobre o instante en que o futuro deixou de ser herdanza e empezou a ser unha elección.

Jacinto Ruiz:

Jacinto Ruiz Valentín é xornalista, ademais de analista político e pintor. Durante moitos anos exerceu o xornalismo en La Voz de Galicia, onde foi xefe de sección de distintas áreas, Nacional, Cultura, Edicións e Monográficos. Tamén coordinou as publicacións Urbe de Galicia, o vespertino de La Voz de Galicia, o suplemento Europa e o faladoiro político de Ao final do día, en Radio Voz. É autor da novela Canción para un engano, así como autor e coautor de varios libros sobre a prensa gratuíta e o xornalismo ambiental. Na súa traxectoria pictórica ha formar# parte de varias exposicións colectivas e individuais. En decembro de 2019 tamén publicou o libro Catro Casas sobre Ramón Núñez Centella, editado pola UDC.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión