Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Cunha posta en escena renovada, o artista interpretará en directo os éxitos do seu último dobre álbum, "Mi vida en Marte" e "Desatinos desplumados", que bateu récords de venda; ademais dos clásicos da súa dilatada carreira. Unha experiencia musical inesquecible.