Entradas á venda o 25 de xuño de 2025, desde as 9.00 h
Para público en xeral
19/10/2025
Entradas á venda o 25 de xuño de 2025, desde as 9.00 h
21.00 h
Apertura de portas: 19.30 h
Venda anticipada ata as 23.59 h do 18/10/2025
Non se admiten cambios nin devolución de entradas.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Autorización acceso a menores 16 anos - Manuel Turizo (491 KB)
O artista colombiano presenta unha xira inmersiva e innovadora inspirada no espazo máis íntimo do seu proceso creativo: o Apartamento 201. Manuel Turizo dá inicio ao show mundial do seu novo álbum "201", unha proposta que transcende os límites do concerto tradicional e propón unha experiencia multisensorial. O nome do disco fai referencia ao apartamento onde viviu e compuxo gran parte da súa música, un lugar que para el representa liberdade creativa, seguridade, confianza e inspiración.
Este tour internacional -con paradas confirmadas en Latinoamérica, Estados Unidos e Europa- está concibido como un espectáculo musical e cinematográfico, onde o escenario se transforma nunha representación viva do "Apartamento 201". Cada recuncho cobra vida a través da interacción de Manuel con habitacións, espazos, bailaríns, músicos, extras e efectos escénicos que converten o concerto nunha narrativa visual envolvente. Lonxe de se limitar a un concerto convencional, o "201 TOUR" é unha viaxe onde os espectadores e espectadoras se mergullan nun formato híbrido, no que se preguntarán se están a ver un concerto, unha película, unha obra de teatro ou unha performance artística. A única maneira de sabelo é estar alí, vivilo e descubrir unha nova dimensión da música de Manuel Turizo. Este proxecto marca un punto e á parte na súa carreira artística e consolida a súa versatilidade escénica e o seu compromiso con ofrecer propostas de alto impacto emocional e visual. Todas e todos están convidados ao apartamento de Manuel Turizo. Benvidos ao 201 TOUR!
VENDA DE LOCALIDADES