Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non precisamos perdoar

Obra de teatro baseada na existencia do "Padroado de Protección á Muller"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/07/2026

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 12,00 €/Platea visibilidade reducida: 8,00 €

Palcos centrais/laterais: 12,00 €

Principal: 12,00 €

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 8,00 €

* Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

* Desconto do 25% para familia numerosa

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Composición de teatro contemporáneo que foxe da recreación histórica e que non quere substituír as máis que necesarias voces das propias sobreviventes.

Aspiramos a reflectir o brutal e absurdo dos tratos que se perpetran sobre miles de mulleres e a necesidade que elas mesmas enuncian. Nin esquecemento nin perdón: verdade, xustiza e reparación. Non só para elas, tamén para a sociedade mesma da que formamos parte, para a humanidade mesma, que reproduce este tipo de sistemas de represión, torturas e morte ao longo dos tempos e ao ancho dos territorios.

A traxedia de cada unha delas, decenas de miles. O seu trauma incurable do que elas mesmas falan, é realmente incurable? Quizais a sociedade que perpetra, permite, silencia ou sofre ten outro papel con capacidade de reparar?

Premio Luisa Villalta 2025

Dramaturxia e dirección: Angel Simón e Eugenia Sanmartín

Intérpretes: Cristina Moreira, Sonia Ruiz Parra e Angel Simón

Espazo escénico: Helga Méndez

Música orixinal: Barahúnda

Iluminación: As Dúas e Punto

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión