Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xaneiro de 2024

O proxecto, enmarcado na estratexia EIDUS Coruña, foi cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarolo Regional por un importe de adxudicación de 63.781 euros

O Concello impulsa unha ferramenta virtual para a planificación de rutas turísticas

A ferramenta, dispoñible a través da APP Cidadá da Coruña no seu perfil turista, contén información de interese para os visitantes á Coruña

O Concello da Coruña impulsa unha nova ferramenta dixital para a planificación de rutas turísticas na Coruña, coa que as persoas visitantes poderán acceder dun xeito máis fácil a información de interese sobre a cidade. Este rpoxecto foi cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional por un importe de adxudicación de 63. 781,47 euros. 

Os visitantes poderán obter rutas turísticas en función do seu tempo de estancia e intereses. Existen dúas opcións de consulta, segundo planificación temática ou personalizada. Os visitantes poderán acceder a roteiros temáticos predefinicos con consulta de información de cada punto de interese ou facer o seu propio seguimento pola cidade, seleccionando as actividades que desexa realizar podendo seguir e consultar co móbil, incluíndo información tamén sobre os distintos puntos de interese. 

Esta funcionalidade está xa dispoñible a travésda APP Cidadá da Coruña no seu perfil de turista. Para máis información pode consultarse a web www.visitcoruna.com/appsturismo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión