Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Obradoiro de buxainas e perinolas

Preparándonos para poñer a bailar as buxainas!

A quen vai dirixido?:

De 5 a 7 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

22/03/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/03/2025 ata o 22/03/2025

Require inscrición

Horario:

De 11.30 a 13.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Número de prazas:

12

Contacto:

O sádado 22 de marzo, ás 11.30h, contaremos cun obradoiro moi especial na  Biblioteca Durán Loriga para poñer a bailar todas as buxainas e perinolas que se nos poñan nas mans!

Na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (a que está no propio edificio da biblioteca) contamos dende o día 13 de marzo ata o 4 de maio, cunha exposición dedicada en exclusiva ao mundo das buxainas e das perinolas, e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de sumarnos á homenaxe que este xogo interxeracional tanto se merece.

Contamos cunha mostra de libros dedicados a estes xoguetes e ao mundo dos xogos que, pensando na primavera que xa asoma, seguro que darán moitas pistas do que podemos facer para botar unhas risas.

A biblioteca acollerá obradoiros para distintas idades, comezando con este para raparigos e raparigas de entre 5-7 anos con moitas ganas de poñer a bailar buxainas e perinolas que traian ou que descubran aquí. O taller tamén contará con xogos creativos nos que deseñar e decorar a súa propia buxaina.

E se algún familiar quere acompañalos tamén poderá.

Para participar, só tedes que inscribirvos. Esperámosvos!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en