A Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros proxecta no Fórum Metropolitano o documental "Donde acaba la memoria".
Para público en xeral
02/10/2023
Xa rematou
19.30 h
65 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Rúa Mercé, 56, baixo (15006 A Coruña)
Tel.: 981 298 122
www.facebook.com/redeoza.org
En 1933, Luis Buñuel viaxou ás Hurdes, unha rexión illada e empobrecida do centro de España, para realizar o histórico documental 'Tierra sin pan'. 85 anos despois, o hispanista e biógrafo Ian Gibson fixo a mesma viaxe para completar o traballo dunha vida. 'Donde acaba a memoria' percorre As Hurdes e a Residencia de Estudantes coa colaboración de Mike Dibb, Carlos Saura e Román Gubern para construír o retrato de Ian Gibson, detective literario que dedicou a súa vida a recuperar a memoria recente de España a través das biografías de tres dos seus xenios máis recoñecidos: Buñuel, Dalí e Lorca. A viaxe finaliza en Granada, onde, tras unha procura de 50 anos, Gibson está máis preto que nunca de atopar os restos de Lorca como símbolo de reconciliación dun país que se nega a facer as paces co seu pasado.
España, 2021
Entidades