Concello da Coruña

Concello da Coruña

Outubro 2025 - O DOC DO MES - "Señor, llévame pronto"

"Señor, llévame pronto", o documental do mes de outubro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/10/2025

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A vida de Carmen foi unha comedia quixotesca; sobrevivir á guerra, converterse en monxa, divorciarse nunha sociedade conservadora, e ter numerosos amantes, sempre desafiando as regras. Agora, aos 86 anos, está a planear o seu suicidio. O filme segue os seus últimos días, explorando o vínculo co seu fillo adoptivo, así como o seu percorrido ata enfrontarse á morte nos seus propios termos.

Un documental de Guillermo F. Flórez

España, Francia 2024

70 minutos - VO en español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión