Concello da Coruña

Concello da Coruña

PICA PICA presenta NADAL TOTAL

O grupo infantil Pica Pica estará de xira este NADAL 2026 en ESPAÑA! A festa Do Nadal máis esperada, o teu encontro con Pica-Pica do ano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/12/2026

Horario:

17.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Os prezos oscilan desde os 18,00 € aos 24,00 € segundo zona

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Cávea Producións

A festa Do Nadal máis esperada, o teu encontro con Pica-Pica do ano.

En Nadal "Total" gozarás dos máis divertidas panxoliñas, algúns de recente estrea, e tamén dos grandes clásicos do grupo infantil do momento.

Non te perdas este espectáculo do Nadal para rir, bailar e gozar en familia nestas datas tan importantes.

Con Belén, Nacho e Emi, descubrirás e aprenderás xogos infantís, cancións e comicidade.

PICA PICA foron recentemente premiados co BOTÓN DIAMANTE de Youtube por alcanzar máis de 10 millóns de subscritores, e xa pasaron o 8 MIL MILLÓNS de visualizacións na súa canle Pica Pica Oficial.

PICAPICA é... ¡Diversión en familia!

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Palacio de Opéraa: mesmo día da función
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión