Presentación organizada pola Asociación Veciñal Oza, A Gaiteira e Os Castros
Para público en xeral
12/06/2025
Acceso libre, ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O xoves 12 de xuño ás 19.00 horas temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro "Las Crónicas de Kimarel" de Hugan C. Pekiar, editado por Publicaciones Arenas
Acceso libre ata completar a capacidade
Organizado pola Asociación Veciñal Oza, A Gaiteira e Os Castros.
SINOPSE:
"O destino de toda a nación está nas vosas mans"
En Kimarel rexurdiu un antigo grupo de magos escuros que se fan chamar Os Liberadores, que comezan a desatar o caos e a esparexer o medo a todos os seres que habitan na rexión. O Consello do Reino de Inmorack reúnese e asígnalles a Kormau e ao seu primo Eldrian, membros da Lexión de Exploradores, a misión de detelos e evitar así unha nova guerra tras moitos anos de paz. Ambos deberán loitar contra os seus propios demos, dúbidas e traumas para demostrar que aínda poden ser útiles para o reino, tal e como o foron no pasado. Pero a verdadeira ameaza está máis preto do que pensan, e pagarán o prezo da súa inocencia. Pola súa banda, Eubor, un soldado anano, verase forzado a abandonar o seu fogar e poñer rumbo a Dhal Thanu, un enclave anano situado nas montañas máis orientais da Rexión, nunha viaxe na que cambiará a visión que ten sobre o mundo que o rodea.
"A aventura comeza".
Tamén che pode interesar