A Domus acollerá o 22 de abril a proxección Festival RESIS titulada «Mist», de Nederlands Dans Theatre .
Para público en xeral
22/04/2023
Xa rematou
Retirada de invitacións en Ataquilla e despacho de billetes da praza de Ourense.
A proxección terá lugar o 22 de abril ás 20.00 horas
Entrada gratuíta, con retirada previa de invitacións en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.
«Mist» é unha película de danza multidisciplinar de Damien Jalet que vén desde os Países Baixos e Nederlands Dans Theater (NDT) con estreita colaboración do artista visual Nawa Kohei e o videógrafo Rahi Rezvani.
Carnal, visceral e fantasmal, a película fusiona metáfora e metamorfose nun ambiente cheo de néboa e de gran beleza, un espazo no que os corpos se enfrontan ao ritmo da vida e que explora a fina liña entre realidade e espellismo, ciencia e mitoloxía.