Concello da Coruña

Concello da Coruña

+QJazzCoruña 2026 - Víctor Wooten & The Wooten Brothers

Victor Wooten & The Wooten Brothers é moito máis que un concerto de funk e jazz; é unha celebración electrizante de virtuosismo, groove e un legado familiar inigualable, avalada polos máis altos recoñecementos da industria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/07/2026

Liderando este espectáculo de altísima voltaxe atópase o lendario Victor Wooten - gañador de cinco premios Grammy, primeiro músico en gañar tres veces o premio ao "Baixista do Ano" pola revista Bass Player, e catalogado pola revista Rolling Stone como un dos 10 mellores baixista de todos os tempos -. Xunto a el, os seus irmáns Joseph (teclados), Roy "Futureman" (percusión) e Regi (guitarra), todos eles músicos de elite internacional e innovadores nos seus instrumentos, ofrecen unha exhibición de mestría técnica e telepatía musical. Xuntos repasan máis de catro décadas de música, fusionando funk,

R&B, jazz e soul nun espectáculo cegador que soborda enerxía e alma.

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: día da función desde 2 horas antes do inicio (só se quedan entradas dispoñibles)

Entidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión