Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Savoy Club Big Band

Unha viaxe aos salóns de baile do Nova York dos anos 50, onde as grandes orquestras tocaban ritmos latinos e emanaban elegancia e calidade musical.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/02/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Apertura de portas: 30 min antes do concerto

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

15,00 €

Desconto do 20 % para carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

**Para a aplicación do desconto é necesario presentar a documentación que acredite o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o conceirto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

María Pilar Margharetto Rodríguez

22 artistas no escenario réndenlle homenaxe aos grandes mestres da música latina e reviven as noites douradas do mambo e o latin jazz na Gran Mazá.

A formación presenta en 2022 o seu primeiro disco: Che desafío.

O álbum recolle temas emblemáticos da música latina, baixo os arranxos e a batuta do Mestre José Somoza, e conta con colaboracións de recoñecidos artistas residentes en EEUU, que compartiron escenario e gravacións con figuras como Luis Miguel, Cheo Feliciano, Marc Anthony ou Poncho Sánchez. Despois de seis anos de traxectoria e evolución, a orquestra inmortaliza no seu primeiro traballo discográfico unha coidada selección de cancións representativas dos anos gloriosos da música latina, cunha ampla variedade estilística.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en