Producións Dispersas
Xuvenil, Para público en xeral
06/10/2023
Xa rematou
21.00 h
55 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
*É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Este espectáculo enmárcase dentro da programación de Rede Galega de Teatros e Auditorios.
En Producións Dispersas cremos que a risa é a mellor das armas posibles para botar abaixo calquera muro. Conformámonos con derrubar a cuarta parede. Este é un espectáculo doméstico pero univresal. Un musical ambicioso pero próximo.
Diego Freire pensa que debemos cantar e bailar para ser un pouquiño máis felices... Polo menos "mentres dure a canción".
Os días pasan, un tras outro, e non pasa nada. Neste transcorrer pode darche por pensar na vida. Hai que ter coidado con iso! Pensar pode ser un acto revolucionario... O mundo non está para bromas. Os días van pasando no fogar do noso protagonista... Un actor que ás veces escribe cousas con moitos signos de exclamación e puntos suspensivos...
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=UQbVbeCsK38
Con Diego Freire, Salomé Garrido, Óscar Freire, Jorge Justo, Raquel Huete e Sandra Pérez
Autoría: Diego Freire
Dirección: Beatriz Bravo
Espectáculo en galego
* Se che gustou, compárteo en RRSS ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.gal
VENDA DE ENTRADAS
Entidades