Pérez&Fernández
Xuvenil, Para público en xeral
24/11/2023
Xa rematou
21.00 h
65 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
*É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Este espectáculo enmárcase dentro da programación de Rede Galega de Teatros e Auditorios
220 anos despois da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina desde o porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, traemos de novo ao auditorio do Fórum Metropolitano a adaptación a escena da novela de María Solar Os nenos da varíola, dedicada aos 22 nenos que en 1803 foron os heroes da devandita expedición.
Unha proposta escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas da Real Expedición Filantrópica da Vacina, e como chegaron a ser os heroes da devandita expedición e na que a súa heroína máis esquecida se converteu nun dos alicerces máis importantes desta fazaña sanitaria, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
22 nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios españois de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.
Vídeo https://www.youtube.com/watch?v=L9jxalGbuF8
con Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis
Autoría: María Solar
Adaptación: Pérez&Fernández
Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Espectáculo en galego
* Se che gustou, compárteo en RRSS ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.gal
VENDA DE ENTRADAS
Entidades