Diego Anido
Xuvenil, Para público en xeral
17/11/2023
Xa rematou
21.00 h
80 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
*É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Este espectáculo enmárcase dentro da programación de Rede Galega de Teatros e Auditorios
Diego Anido móstranos unha autobiografía inventada. Regálanos unha vida que ás veces parece a súa, pero que non o avergoña como a súa. Sen medo a queimar a súa memoria. Só para que o adoremos. Como a un "Deus do pop".
O deus do pop é unha impresión. Como a que levamos cando coñecemos unha persoa. Que sabemos dela? Que sabemos dela que ela mesma non sabe?. Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Necesita crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten conciencia de que en realidade é un diamante. Un diamante afundido nos pantanos da tristeza. Brillando e queixándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide saír. Pero non é a preguiza. É o relato.
Autoría, dirección, escenografía, música, coreografía e interpretación: Diego Anido
Espectáculo en galego
* Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo.
forum@coruna.gal
VENDA DE ENTRADAS
Entidades