Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €
Requisitos:
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
Sendo precisos, unha comedia poética. Un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda e unha muller DJ/ambientadora sonora, sobre a idea da extinción da especie humana. O último home expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto. Sen traumas. Sen alarmas. E con humor, por suposto. Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del.